venres, 23 de outubro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 O luns, 19 de outubro, recordamos, recitamos e falamos das escritoras que coñecemos: Rosalía De Castro, Gloria Fuertes e Ana María Fernández.

Cira, escritora de poesía, e mamá de Gorka de 4 anos, contounos por videoconferencia o conto da autora Ana Meilán “Quen ven esta noite?








O BAÚL DOS RECORDOS

 Lembrando as nosas saídas...

Hoxe, 23 de outubro, hai xusto un ano que realizábamos unha saída para visitar, preto da nosa escola, o horto urbano. Alí plantamos sementes e recollemos froitos.






venres, 16 de outubro de 2020

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Existen moitos métodos para traballar o concepto de número, o conteo, as cantidades, a orientación espacial,.... e dicir todo o relacionado coas matemáticas.

Estas son algunhas das nosas formas de xogar e a divertirnos coas matemáticas.









DESPEDIDA

                                            

 Hoxe despidese a profe Aida.

Dámoslle as gracias por todo o seu  traballo e seu cariño.

Aproveitamos para engadir no noso Monstruo Rosa a man de Aida e tamén a dos alumnos novos, Matheo e Camila. Benvidos aos dous.






O próximo luns incorpórase Mercedes, estamos moi contentos de que esteña recuperada.

mércores, 14 de outubro de 2020

DESPEDIMOS O VERÁN

Os peixes globo viven no mar 


 Por iso, durante o mes de setembro, fixemos unha actividade na mesa de luz para despedir o verán e estas son as súas composicións.


SABELA E GEMA


VALENTINA E MARTINA G.Q.


MATHEO E UNAI


NEREA E HUGO



ANTÍA E AROA


ÁNGEL F. E ÁNGEL L.


RUI E ALEIXO


CARMEN E JULIA


MARTINA G.F. E RAÚL


CARLA L. E CARLA C.



venres, 9 de outubro de 2020

OS RECANTOS

Quero mostrarvos a nosa aula de recantos.

RECANTO DOS PUZLES





RECANTO DA PLÁSTICA E MESA DE LUZ






RECANTO DAS CONSTRUCIÓNS





RECANTO DA CASA



RECANTO DAS LETRAS E OS NÚMEROS








GANCHOS PARA AS CADEIRAS

Este ano precisamos traer máscara para o cole, asi que fixemos uns ganchos para poñer nas cadeiras e colgalas mentras que non as usamos.



TRABALLANDO LETRAS E NUMEROS

Estamos recordando o que xa sabiamos do curso anterior e o tempo das merendas é un bo momento para lembrar a grafía das letras, o seu son, as sílabas,... pero tamén as cantidades, a cifra, mais que, menos que,...

Por exemplo aquí fixemos un listado das froitas de ese día


Como vedes hai moita variedade 😁


martes, 6 de outubro de 2020

COMEZAMOS

Ola familias!

Logo de pasar un mes de setembro no que estivemos a afacernos a esta "nova normalidade",  estreamos este blog como nova ferramenta de comunicación para achegarvos un pouquiño máis ás aulas e que podades ver o traballo dos vosos fillos e fillas.

Agardo que vos sirva para crear conversas, que vos expliquen o que fixeron, se lles gustaron as diferentes experiencias e para pasar un ratiño entretenido compartindo parte do seu tempo nas aulas.


Asi que ..... COMEZAMOS!!!!!

Un saúdo

Candy