Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de novembro de 2020

A POESÍA

Desde os tres anos, estamos acostumados a escoitar e recitar poemas, poemas sinxelos para comezar a amar a poesía, desde o libro “Poemas con piruletas” de Carlos Fontes onde aprendemos:

-Letras  máxicas (as vogais) 

 -Pinto un mundo de cores (as cores). 

-O tren viaxa de estación en estación (estacións do año)

Ata os libros da nosa  querida amiga Ana María Fernández  :
-A casa de había unha vez   
-Quen vive aquí? 
 E de outros autores como Manuel María , Antonio García Teijeiro, Rosalía De Castro, Gloria Fuertes .etc

Neste terceiro curso, onde xa somos uns expertos recitando, seguimos a traballar a poesía . Os xoves temos obradoiro de poesía onde repasamos os poemas aprendidos.


E tamén vemos os vídeos feitos no confinamento tanto de todos os nosos mestres como dos nosos compañeiros.

RAFAELA E CANDI

CARLA CASABELLA

ÁNGEL LÓPEZ


MARTINA


Este último xoves, o  noso compañeiro Ángel López, recitounos un poema do libro "ring, ring, quién rima?" de Ana María Fernández que recomendou a mestra Candi para o verán. Desexamos q vos guste.



venres, 9 de outubro de 2020

TRABALLANDO LETRAS E NUMEROS

Estamos recordando o que xa sabiamos do curso anterior e o tempo das merendas é un bo momento para lembrar a grafía das letras, o seu son, as sílabas,... pero tamén as cantidades, a cifra, mais que, menos que,...

Por exemplo aquí fixemos un listado das froitas de ese día


Como vedes hai moita variedade 😁