Desde os tres anos, estamos acostumados a escoitar e recitar poemas, poemas sinxelos para comezar a amar a poesía, desde o libro “Poemas con piruletas” de Carlos Fontes onde aprendemos:
-Letras máxicas (as vogais)
-Pinto un mundo de cores (as cores).
-O tren viaxa de estación en estación (estacións do año)
Ata os libros da nosa querida amiga Ana María Fernández :
-A casa de había unha vez
-Quen vive aquí?
E de outros autores como Manuel María , Antonio García Teijeiro, Rosalía De Castro, Gloria Fuertes .etc
Neste terceiro curso, onde xa somos uns expertos recitando, seguimos a traballar a poesía . Os xoves temos obradoiro de poesía onde repasamos os poemas aprendidos.
E tamén vemos os vídeos feitos no confinamento tanto de todos os nosos mestres como dos nosos compañeiros.
RAFAELA E CANDI
CARLA CASABELLAÁNGEL LÓPEZ
MARTINA
Este último xoves, o noso compañeiro Ángel López, recitounos un poema do libro "ring, ring, quién rima?" de Ana María Fernández que recomendou a mestra Candi para o verán. Desexamos q vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario