Amosando publicacións coa etiqueta CAMIÑO DO MAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAMIÑO DO MAR. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de xuño de 2021

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É

Damos por terminado o noso Camiño do Mar e celebrámolo coa elaboración dunha rica torta de Santiago.

Se querelles ver máis preme na imaxe...

venres, 22 de xaneiro de 2021

RIMANDO CON VALENTIÑO

Hoxe temos unha actividade relacionada co conto "Bo camiño Valentiño". 

Bo camiño Valentiño (MIAU ALBUM INFANTIL): Amazon.es: Iglesias Lodares  Gracia, Sánchez Sara, Vanesa López: Libros

Se queredes recordalo pulsade no enlace para escoitar o conto de Sara Sánchez, narrado pola profe Jacinta.

PULSA AQUI

Agora imos a facer parellas de palabras que riman. Se pasades o rato pola axuda escóitase a palabra (pero imos intentar facelo leendo as palabras).

Espero que vos guste.


xoves, 21 de xaneiro de 2021

XOGO DO PEREGRINO

Un novo xogo. Esta vez temos que pinchar sobre as marcas e escoller a palabra axeitada. Para comprobar se está ben pulsa na marca azul, saberedes que está correcto porque todas as etiquetas aparecerán verdes.


mércores, 20 de xaneiro de 2021

CONTINUAMOS CO CAMIÑO DO MAR

 Estes días estamos a traballar na aula palabras relacionadas cos peregrinos: bordón, capa, cabaza, venera, zurrón ...







Para os que queiran practicar na casa deixo unhas imaxes para imprimir a letra P de peregrino, a letra B de bordón e a letra C de cabaza e capa. Como vedes xa estamos coa minúscula.




Tamén fixemos na pizarra dixital unha sopa de letras relacionada co Camiño do Mar e os diferentes elementos dun peregrino



XOGA NA CASA


E como non, tamén tivemos tempo para a música. Aquí está a canción feita por Iván Vale "Camiño das estrelas". 
TODOS A CANTAR