Amosando publicacións coa etiqueta LECTO-ESCRITURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECTO-ESCRITURA. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)



Este foi o CONTO elixido pola escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLES para celebrar o DÍA DO LIBRO por videoconferencia co alumnado da escola.

Logo de manter unha pequena charla con ESTEFANÍA quixemos probar que tal somos nós ilustrando e creando os nosos propios contos.
Aí vai a mostra... Uns artistas!



















domingo, 15 de novembro de 2020

A POESÍA

Desde os tres anos, estamos acostumados a escoitar e recitar poemas, poemas sinxelos para comezar a amar a poesía, desde o libro “Poemas con piruletas” de Carlos Fontes onde aprendemos:

-Letras  máxicas (as vogais) 

 -Pinto un mundo de cores (as cores). 

-O tren viaxa de estación en estación (estacións do año)

Ata os libros da nosa  querida amiga Ana María Fernández  :
-A casa de había unha vez   
-Quen vive aquí? 
 E de outros autores como Manuel María , Antonio García Teijeiro, Rosalía De Castro, Gloria Fuertes .etc

Neste terceiro curso, onde xa somos uns expertos recitando, seguimos a traballar a poesía . Os xoves temos obradoiro de poesía onde repasamos os poemas aprendidos.


E tamén vemos os vídeos feitos no confinamento tanto de todos os nosos mestres como dos nosos compañeiros.

RAFAELA E CANDI

CARLA CASABELLA

ÁNGEL LÓPEZ


MARTINA


Este último xoves, o  noso compañeiro Ángel López, recitounos un poema do libro "ring, ring, quién rima?" de Ana María Fernández que recomendou a mestra Candi para o verán. Desexamos q vos guste.



sábado, 7 de novembro de 2020

O MEDO

 Esta semana seguimos a traballar "O MEDO"

O MEDO é unha emoción e temos que aprender a xestionala.

En PLÁSTICA observamos o cadro do" GRITO DE MUNCH" e conversamos sobre el.



-Que emoción reflicte o cadro?

-Por que berra o señor?

-A que podería ter medo?

Reproduciremos en plástica esta obra.

En LECTO-ESCRITURA contamos o conto do morcego "MUGO" do libro "Abecemociones", onde con cada letra do abecedario traballamos unha emoción.
A continuación fixemos a grafía da letra M, da palabra e da emoción MEDO, tanto en maiúsculas como en minúsculas.
Imaxinando, imaxinando... que nos asustaría atopar de súpeto na rúa... saíron todos estes medos...



Tamén vimos os contos de medo contados polo alumnado no confinamento, como o do noso compañeiro Ángel López, que xunto con toda a súa familia contounos: "GUAPA"
O mesmo conto que elixiu a profe Carmen dende a biblioteca de Librín.