Amosando publicacións coa etiqueta CONTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONTOS. Amosar todas as publicacións

domingo, 6 de xuño de 2021

HORA DO CONTO

Unha vez máis, Silvia, a mamá de Ángel López, contounos o conto "A tartaruga que quería durmir". Nesta ocasión para as clases de 6ºA e 6ºB.

Moitas grazas, Silvia!

                                  

                                  

 

E así quedaron os nosos debuxos sobre o conto...









venres, 7 de maio de 2021

T_LEMOS

O luns, 3 de maio, todo o alumnado da nosa escola conectámonos por videoconferencia cos nenos de 3º A de Primaria do colexio Lois Tobio, os que representaron un conto "La extraña visita.


Encantounos ver aos  irmans dos nosos compañeiros . Mirade que atentos estivemos!



domingo, 2 de maio de 2021

MONICREQUES

A tía e a nai do noso compañeiro Ángel López fixéronnos pasar unha sesión divertida co conto "LOBO  FEROZ", de OQO, cuns monicreques moi simpáticos.



Así quedaron os debuxos  ...





domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)



Este foi o CONTO elixido pola escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLES para celebrar o DÍA DO LIBRO por videoconferencia co alumnado da escola.

Logo de manter unha pequena charla con ESTEFANÍA quixemos probar que tal somos nós ilustrando e creando os nosos propios contos.
Aí vai a mostra... Uns artistas!



















luns, 19 de abril de 2021

venres, 29 de xaneiro de 2021

KAMISHIBAI

Onte prometemos unha sorpresa. Esta é a nosa versión do conto Negros e Brancos que Librín nos deixaba no blog da biblioteca o día da cita a cegas.

Xa sabemos que o 30 de xaneiro se celebra o Día da Paz e non Violencia, pero tamén coincide co Día da Ilustración. Por iso decidimos mesturar as dúas cousas e cada grupo de peixes fixo un debuxo empregando a técnica do Folio Xiratorio e logo montamos a nosa versión do conto.

Empregamos o teatrillo xaponés Kamishibai (que significa drama en papel), para facervos chegar esta historia.

Seguro que vos gustará.

Esta e aoutras actividades relacionadas co Día da Paz podedes velas no Blog de Librín

Para os que queiran practicar na casa deixamos unha proposta do profe Pablo. Imos moldear con plastilina unha pomba (DOVE) e a palabra PEACE mentras soa de fondo a canción Imagine de John Lennon.

 

Estas son algunhas das pombas feitas na clase


 


xoves, 28 de xaneiro de 2021

UN CONTO NOVO

Achégase a celebración do día da Paz. Hoxe Librín fainos unha nova proposta de lectura

Logo de leer o conto podedes facer uns xogos sinxelos

E mañá... os Peixes Globo temos unha sosrpresa. Solamente imos a dicir que fomos á Cita a Cegas que propuxo Librín. QUE PASARÁ?

martes, 26 de xaneiro de 2021

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Dende 1975, o 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental. Os expertos coinciden en que esta educación comece o antes posible para desenvolver nos nenos a sensibilidade cara  o coidado do planeta.

Sumándonos a esta iniciativa, hoxe compartimos unha serie de recursos para inculcar valores medioambientais.

Lembrade que toda a basura que non reciclamos de xeito correcto remata nos ríos, nos mares, nos nosos campos, no aire que respiramos...

Como podemos axudar?

  • emprega bolsas reutilizables
  • apaga as luces cando non sexan necesarias
  • evita deixar aparatos enchufados
  • cerra ben a billa da auga
  • separa a basura
  • dona os xoguetes que non utilices

Imos poñerlle ritmo: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR

Agora un xogo para repasar

Tamén propoñemos activiades para facer coa familia. Pinchade no enlace e animádevos a facer cousas diferentes coas vosas fillas e fillos.

Moitas pingas de augas chegan a facer un mar.


domingo, 24 de xaneiro de 2021

SOY DIFERENTE, SOY ESPECIAL


 A familia de Ángel López fíxonos chegar o conto "Pelo de nube" que interpretaron todos xuntos.


Moitas grazas pola vosa contínua e desinteresada colaboración en todas as actividades que propoñemos desde o cole.