martes, 26 de xaneiro de 2021

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Dende 1975, o 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental. Os expertos coinciden en que esta educación comece o antes posible para desenvolver nos nenos a sensibilidade cara  o coidado do planeta.

Sumándonos a esta iniciativa, hoxe compartimos unha serie de recursos para inculcar valores medioambientais.

Lembrade que toda a basura que non reciclamos de xeito correcto remata nos ríos, nos mares, nos nosos campos, no aire que respiramos...

Como podemos axudar?

  • emprega bolsas reutilizables
  • apaga as luces cando non sexan necesarias
  • evita deixar aparatos enchufados
  • cerra ben a billa da auga
  • separa a basura
  • dona os xoguetes que non utilices

Imos poñerlle ritmo: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR

Agora un xogo para repasar

Tamén propoñemos activiades para facer coa familia. Pinchade no enlace e animádevos a facer cousas diferentes coas vosas fillas e fillos.

Moitas pingas de augas chegan a facer un mar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario