luns, 5 de xullo de 2021
domingo, 6 de xuño de 2021
HORA DO CONTO
Unha vez máis, Silvia, a mamá de Ángel López, contounos o conto "A tartaruga que quería durmir". Nesta ocasión para as clases de 6ºA e 6ºB.
Moitas grazas, Silvia!
E así quedaron os nosos debuxos sobre o conto...
FAI CLIC AO TEU BOCATA
O pasado luns, 31 de maio, participamos, a través dunha vídeo- conferencia, na actividade "FAI CLIC AO TEU BOCATA" onde uns científicos ensináronnos a facer "bocatas" saudables, dun xeito diferente e con produtos do mar.
Unha vez rematada a sesión, retamos ao alumnado para traer, no momento da merenda, bocatas con produtos do mar. Teño que dicir que...
RETO CONSEGUIDO!
OLLADE QUE PINTAZA!
🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞
domingo, 25 de abril de 2021
DÍA DA TERRA (22 DE ABRIL )
Para celebrar o DÍA DO NOSO PLANETA "A TERRA", tivemos una videoconferencia con CORAL, do departamento de MEDIO AMBIENTE do Concello de Viveiro. Ensinounos a REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.
venres, 29 de xaneiro de 2021
KAMISHIBAI
Onte prometemos unha sorpresa. Esta é a nosa versión do conto Negros e Brancos que Librín nos deixaba no blog da biblioteca o día da cita a cegas.
Xa sabemos que o 30 de xaneiro se celebra o Día da Paz e non Violencia, pero tamén coincide co Día da Ilustración. Por iso decidimos mesturar as dúas cousas e cada grupo de peixes fixo un debuxo empregando a técnica do Folio Xiratorio e logo montamos a nosa versión do conto.
Empregamos o teatrillo xaponés Kamishibai (que significa drama en papel), para facervos chegar esta historia.
Seguro que vos gustará.
Esta e aoutras actividades relacionadas co Día da Paz podedes velas no Blog de Librín
Para os que queiran practicar na casa deixamos unha proposta do profe Pablo. Imos moldear con plastilina unha pomba (DOVE) e a palabra PEACE mentras soa de fondo a canción Imagine de John Lennon.
Estas son algunhas das pombas feitas na clase
martes, 26 de xaneiro de 2021
DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Dende 1975, o 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental. Os expertos coinciden en que esta educación comece o antes posible para desenvolver nos nenos a sensibilidade cara o coidado do planeta.
Sumándonos a esta iniciativa, hoxe compartimos unha serie de recursos para inculcar valores medioambientais.
Lembrade que toda a basura que non reciclamos de xeito correcto remata nos ríos, nos mares, nos nosos campos, no aire que respiramos...
Como podemos axudar?
- emprega bolsas reutilizables
- apaga as luces cando non sexan necesarias
- evita deixar aparatos enchufados
- cerra ben a billa da auga
- separa a basura
- dona os xoguetes que non utilices
Imos poñerlle ritmo: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR
Agora un xogo para repasar
Tamén propoñemos activiades para facer coa familia. Pinchade no enlace e animádevos a facer cousas diferentes coas vosas fillas e fillos.
Moitas pingas de augas chegan a facer un mar.
domingo, 17 de xaneiro de 2021
-
Unha vez máis a familia López Díaz sumouse a nosa reivindicación pola oficiliazación do Camiño do Mar cun fermoso video .
-
Seguimos a traballar coa curiosidade de coñecer máis o noso pobo coa axuda das familias, como unha entrevista a una bisavoa que nos achegou ...





















































