venres, 26 de marzo de 2021
A VIAXE DE SAIRA
Esta semana tivemos a sorte de disfrutar dunha historia chamada "A VIAXE DE SAIRA" pola compañía de teatro "A xanela de Maxín. Cando rematou a historia,fabricamos a nosa propia Gárgola para a aula.
xoves, 25 de marzo de 2021
CONTACONTOS
Hoxe, tivemos a mamá "SILVIA" que nos agasallou cun conto fermosísimoo e nos ensinou un trabalinguas do mais peculiar. Estamos moi agradecidos, polo cariño e o esforzo que nos aporta cada vez que nos conta un conto.
DIVERTÍMONOS
Hoxe na clase, estivemos a xogar coas fotos que sacamos para o noso proxecto de viveiro.
mércores, 24 de marzo de 2021
DÍA DO SÍNDROME DE DOWN
A aula dos peixes globo, celebramos o luns 22 de marzo o día das persoas con Síndrome de Down. Para iso, decoramos calcetíns que se diferenciaban uns dos outros e colgámolos na nosa ventá da aula para darlle visilidade a estas persoas.
Ademais estivemos moi entusiasmados participando na actividade que nos ofreceu a asociación de síndrome de Down Lugo. A continuación, aquí tedes o noso resultado: !Uns Elmers moi coloridos!
venres, 12 de marzo de 2021
mércores, 3 de marzo de 2021
EDUEMOCIONA
Continuamos traballando sobre as emocións que sentimos, esta vez, a partir do conto O MOSTRO DE CORES que nos deixou Librín e que podedes ver nos seguinte enlace:
http://bibliotecalibrin.blogspot.com/
Algúns dos traballos realizados a partir do conto:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Estes días realizamos diferentes actividades entorno ao Samaín, diferenciamos entre o MEDO real e o MEDO imaxinario, recitamos poemas e can...
-
Celebramos o día internacional dos dereitos dos nenos. Estivemos a conversar sobre os dereitos dos nenos e nenas. Cal era a idea que tiña...