sábado, 7 de novembro de 2020

O MEDO

 Esta semana seguimos a traballar "O MEDO"

O MEDO é unha emoción e temos que aprender a xestionala.

En PLÁSTICA observamos o cadro do" GRITO DE MUNCH" e conversamos sobre el.



-Que emoción reflicte o cadro?

-Por que berra o señor?

-A que podería ter medo?

Reproduciremos en plástica esta obra.

En LECTO-ESCRITURA contamos o conto do morcego "MUGO" do libro "Abecemociones", onde con cada letra do abecedario traballamos unha emoción.
A continuación fixemos a grafía da letra M, da palabra e da emoción MEDO, tanto en maiúsculas como en minúsculas.
Imaxinando, imaxinando... que nos asustaría atopar de súpeto na rúa... saíron todos estes medos...



Tamén vimos os contos de medo contados polo alumnado no confinamento, como o do noso compañeiro Ángel López, que xunto con toda a súa familia contounos: "GUAPA"
O mesmo conto que elixiu a profe Carmen dende a biblioteca de Librín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario