domingo, 29 de novembro de 2020

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É

 O luns, 23 de novembro, saímos por Viveiro acompañados duns peregrinos moi simpáticos. Xuntos percorremos un anaco do "Camiño do Mar"

                         

ESCOITAMOS COMO LES

O martes, 24 de novembro, Silvia, a nai de Ángel López , contounos, a través de videoconferencia, o conto "Amelia quere un can" 

Así quedaron os debuxos.









DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO( Mércores, 25 de novembro)

Despois de ver os contos de “Arturo e Clementina” e “Maruxa”, conversamos sobre o tema. 

FAMILIAS DIVERSAS,DIVERSIDADE DE FAMILIAS
Fixemos este precioso mural coa axuda das profes Carmen e Mercedes.



MAGOSTO 2020

 Celebramos o Magosto... dunha maneira diferente:

-Fixemos un mural


- Aprendemos o refrán"As castañas que despois de San Martiño quedan no souto son do moucho.

-Realizamos xogos do MAGOSTO con castañas, noces, e abelás :

. De lóxica-matemática : 

figuras xeométricas


Sumas


Contar


Seriacións


Asociacións regletas


Tres en raia


Sudokus


Come castañas


. De lecto-escritura :

Traballamos o conto “A castaña que rebentou de risa”



- Encrucillado e Sopa de letras


-Vocabulario


-Os nomes dos froitos do outono


-Mesa de luz



O BAÚL DOS RECORDOS III

 MAGOSTO 2019


sábado, 21 de novembro de 2020

O OUTONO

 Partindo do conto “o señor mago e a folla” de Toño Nuñez traballamos o outono.


Repasamos as cancións e poemas desta estación.


Tamén aprendemos un poema novo “Caen as follas” de Antonio García Teijeiro.



PLÁSTICA

 Así quedou “o grito de Munch”






20 DE NOVEMBRO

 Celebramos o día internacional dos dereitos dos nenos. Estivemos a conversar sobre os dereitos dos nenos e nenas. Cal era a idea que tiñan ..

E despois vimos uns debuxos.


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 Experimento: capilaridade dos líquidos e mesturas de cores partindo do conto “ o monstro de cores”

A capilaridade e unha propiedade dos líquidos que fai, que debido a súa forza intermolecular , suban ou baixan por un tubo capilar.

Este último venres empezamos coa primeira fase do experimento, aquí deixamos as fotos.




Seguiremos informándovos...

domingo, 15 de novembro de 2020

PSICOMOTRICIDADE

O luns é dos nosos días favoritos. Temos psicomotricidade  e aos nenos encántalles. Aquí vos deixo unhas fotos e vídeo das últimas sesións. 

MINICIRCUITO


TÉCNICA DA RELAXACIÓN DA TARTARUGA





IOGA

A palabra "IOGA" significa unión. Co ioga trabállase o corpo e a mente para ser feliz.

GATO


CAN


COBRA


ESTRELA


CANGREXO


QUENLLA


POSTURAS DE IOGA EN EQUIPO


OUTRAS POSTURAS

ÁRBORE


ARCO DA VELLA


ESTRELA


O próximo luns faremos ioga co conto das emocións "Monstro de cores"... xa vos contaremos...