sábado, 29 de maio de 2021

"UNA HISTORIA"

🌱🌸🌸🌳🌼🌼🌴🌻🌻🌻🌻🌵🌺🌺🌿🌷🌷🍀🌹🌹🍃

Na aula facemos moitas actividades relacionadas co Proxecto VOZ NATURA. Os últimos días xogamos con BITS de intelixencia de flores a "Verdadeiro ou Falso", plantamos fabas e xirasois, estudamos as partes das plantas e recitamos poesías. Deixámosvos unha pequena mostra dunha das actividades que máis nos gustou, recitar a poesía de Manuel F. Juncos "UNA HISTORIA"


domingo, 16 de maio de 2021

EN LINGUA DE SIGNOS

O luns gravamos un vídeo en lingua de signos cunhas caretas de LUZ POZO GARZA , poeta e filla adoptiva de Viveiro. En breve veremos o resultado...






LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS CASTAÑO

Este ano 2021 a Real Academia Galega adícalle o Día das letras galegas a Xela Arias Castaño (Sarria 1962-Vigo 2003). Xela Arias foi poeta, tradutora, editora e mestra. É a quinta muller a que se lle adica o Día das Letras Galegas.

Todos estes días estivemos a investigar moitas cousas sobre a poeta, traballamos con libros, vídeos, vídeo-xogos, etc a súa vida e obra, e aprendimos moitas cosas.



Toda a escola participamos na elaboración dun  quebracabezas. A clase dos peixes globos tocounos  facer a peza das súas obras .

E así quedou o quebracabezas rematado...

Tamén  nos divertimos practicamos a lectura cos libros de XELA .

 

Por último fixemos uns debuxos para plasmar o aprendido...



















venres, 7 de maio de 2021

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É...

Seguimos a traballar coa curiosidade de coñecer máis o noso pobo coa axuda das familias, como unha entrevista a una bisavoa que nos achegou moita información.

Coñecemos os MONUMENTOS de Viveiro:

                         


AS LENDAS:

A cova da doncela 

Estabañon


Pozo de Piago


Valdeflores

OS POETAS:

Luz Pozo Garza, Nicomedes Pastor Díaz e Antonio Noriega Varela. 


ANTONIO NORIEGA VARELA







O CAMIÑO DO MAR

Empezamos a nosa viaxe peregrina desde Ribadeo ata chegar a  CAMPUS STELLAE  ( SANTIAGO DE COMPOSTELA ).


RECANTO DE PLÁSTICA 








RECANTO  MESA DE LUZ


T_LEMOS

O luns, 3 de maio, todo o alumnado da nosa escola conectámonos por videoconferencia cos nenos de 3º A de Primaria do colexio Lois Tobio, os que representaron un conto "La extraña visita.


Encantounos ver aos  irmans dos nosos compañeiros . Mirade que atentos estivemos!



domingo, 2 de maio de 2021

MONICREQUES

A tía e a nai do noso compañeiro Ángel López fixéronnos pasar unha sesión divertida co conto "LOBO  FEROZ", de OQO, cuns monicreques moi simpáticos.



Así quedaron os debuxos  ...