domingo, 20 de xuño de 2021

A FADA ANDREIA

 Acordádesvos que o ano pasado fixemos a un dos protagonistas de "Viaxe ao Reino das Emocións" (Fundación Meniños)? Ao dragón DRACO:


Pois este curso escolar fixemos a fada ANDREIA e aprendemos o poema da fada, de Ana María Fernández.





DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado 5 de xuño, trasplantamos os nosos xirasois. Mirade que ben medraron co noso cariño e os nosos coidados na xanela da nosa aula.









venres, 18 de xuño de 2021

FAMILIAS COLABORADORAS

 Unha vez máis a familia  López Díaz sumouse a nosa reivindicación pola oficiliazación do Camiño do Mar cun fermoso video . 



mércores, 16 de xuño de 2021

MERENDAS SAUDABLES

 Despois dos obradoiros do programa  da Consellería , FAI CLIC AO TEU BOCATA, conseguimos que as nenas e os nenos coman nas merendas bocadillos máis saudables logrando así un dos obxectivos do noso Plan Proxecta "Alimentámonos ou nutrímonos".



domingo, 13 de xuño de 2021

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É

Damos por terminado o noso Camiño do Mar e celebrámolo coa elaboración dunha rica torta de Santiago.

Se querelles ver máis preme na imaxe...

domingo, 6 de xuño de 2021

HORA DO CONTO

Unha vez máis, Silvia, a mamá de Ángel López, contounos o conto "A tartaruga que quería durmir". Nesta ocasión para as clases de 6ºA e 6ºB.

Moitas grazas, Silvia!

                                  

                                  

 

E así quedaron os nosos debuxos sobre o conto...









FAI CLIC AO TEU BOCATA

 O pasado luns, 31 de maio, participamos, a través dunha vídeo- conferencia, na actividade "FAI CLIC AO TEU BOCATA" onde uns científicos ensináronnos a facer "bocatas" saudables, dun xeito diferente e con produtos do mar.





Unha vez rematada a sesión, retamos ao alumnado para traer, no momento da merenda, bocatas con produtos do mar. Teño que dicir que...

RETO CONSEGUIDO!

OLLADE QUE PINTAZA!

🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞🍞